Como podemos comezar a deseñar un futuro de inclusión
Orixinal de Johnathyn Owens http://www.wearesentient.org/
Publicado en Medium o 3 de Xuño de 2019
Resumo
1.) O deseño centrado na vida está deseñado cunha imaxe completa presente.
O deseño, agora, debe evolucionar para incluír sistemas de escala, e debemos comezar a deseñar modelos de negocio de produtos e servizos para incluír impactos ecolóxicos e externalidades económicas como a felicidade e a degradación do ecosistema.
2.) O deseño centrado na vida trata sobre o futuro, igual que trata sobre o agora.
Non é só unha solución para as necesidades actuais, leva a responsabilidade dos seus efectos no futuro: como se deconstrúe e procesa; cara a onde van esas partes e como son destruídas/reutilizadas/reformuladas, que efectos terán os procesos necesarios para crear e destruír cada unidade sobre a vida e o planeta...
3.) O deseño centrado na vida é para todos, non só para aqueles que poden "pagalo".”.
O deseño para só o 1% só resolve un problema para o 1% da poboación humana, mentres que indirectamente aumenta a brecha de disparidade do outro 99%.
Debemos aprender a deseñar a inclusividade e potenciar aos individuos, países e culturas que non están dentro da nosa rica narrativa capitalista para que asenten na mesa. En lugar de contribuír á exclusión, o deseño centrado na vida pode axudar a progresar e fortalecer os mercados e as demografías que necesitaremos para poder avanzar nun futuro sostible.
4.) A liña de fondo do deseño centrado na vida é necesidade e non custo.
5.) O deseño centrado na vida está ideado para durar, para non fallar.
6.) O deseño centrado na vida é minucioso até o último detalle.
7.) O deseño centrado na vida é simbiótico coa natureza.
8.) O deseño centrado na vida é intelixente.
É unha parte dun ecosistema de cousas. Pregúntase, como podemos potenciar os nosos produtos e servizos a ser sostibles e axúdanos a tomar mellores decisións para un futuro.
9.) O deseño centrado na vida é humano.
Cando os produtos están fabricados de forma que, a través da súa produción, son prexudiciais, infrinxen os dereitos humanos ou perpetúan a fenda entre ricos e pobres, non están centrados nos humanos, por moito que lle resolvan un problema a certo usuario final. O noso modelo económico actual esixe que moitos vivan na pobreza, para que algúns poidan vivir de luxo. O deseño centrado na vida non considera só ao usuario final, senón a todos os usuarios e partes implicadas na súa produción, distribución e uso.
10.) O deseño centrado na vida faise coas menos cousas posible.
Hai que deseñar para producir e consumir menos.
O noso modelo económico actual é de consumo, o que incentiva ás empresas a producir tantas versións de algo o máis barato posible, tantas veces como sexa posible. Non obstante debemos comezar a deseñar coa intención de ter o mínimo desperdicio, o mínimo desorde e o mínimo de versións do mesmo. Porque, ao cabo, a nosa realidade física é finita.
Moitas veces escoitamos que menos é máis. E si: realmente necesitamos menos cousas; polo noso ben e o ben das cousas, das cousas deseñadas para todos.
Tradución reducida 30-01-2020