Como axuda o deseño gráfico á empresa?

Como axuda o deseño gráfico á empresa?

    Que é exactamente o deseño gráfico? Ou mellor: que significa hoxe, 2023, ser deseñador gráfico?

    Simplificando a definición e o papel do deseño no mundo das empresas, os negocios e a comunicación, se soe aceptar que o deseño gráfico é a disciplina técnico creativa que se encarga de elaborar mensaxes orientadas e personalizadas, de establecer a identidade da marca e de atraer ao público obxectivo,… e todo pensado estratexicamente para conseguir o éxito.

    Como?

    O deseñador gráfico elabora ideas e mensaxes pensados para influír na resposta do publico obxectivo; para o que emprega todo o arsenal de elementos visuais – imaxes, tipos de letra, fotos, iconas, ilustracións,…- para comunicar, pero tamén para actuar sobre a percepción e a resposta. En xeral o obxectivo final é axudar ao produtor, empresa ou marca, a conectar co seu consumidor obxectivo.

    O deseño gráfico existe en moitas partes, e pode resultar tan extenso que ate pode pasar desapercibido malia a que o seu obxectivo sexa o contrario. Atopámolo tódolos días e en todas partes:

    • Folletos, flyers, carteis.
    • Embalaxe e etiquetas de produtos
    • Papelería postal corporativa
    • Revistas, catálogos e xornais

    E tamén en

    • Sitios web
    • Interfaces dos dispositivos dixitais, aplicacións, xogos
    • Anuncios web e redes sociais
    • Infografías e comunicación dixital corporativa

    Pode que para moito publico non informado ou non iniciado, o deseño gráfico pode pasar desapercibido. Pero para aqueles que nos dedicamos á esta práctica profesional, ou estudamos os seus resultados e aplicación, o deseño gráfico é o encargado de crear imaxes que medien e modulen as emocións do publico obxectivo; para o que se vale de todo tipo de estratexias estéticas que maximicen a cantidade de respostas favorables. Respostas que poden ir de sentirse impelido a facer unha posible compra, ir a un concerto ou votar a un determinado candidato.

    Unha estética que busca respostas

    A primeira vista, o deseño gráfico podería pasar pola práctica de usar elementos visuais – cor, forma, tipografía, composición, etc…- para comunicar mellor ou máis efectivamente en distintos contextos. Pero os deseñadores non se poden só limitar á práctica creativa sen máis. Teñen que adaptarse a un propósito e, sobre todo, obter resultados.

    Así que o deseñador gráfico, ademais de producir mensaxes estéticos e efectivos, debe coñecer os modelos de procesamento visual do publico ao que van dirixidos para tratar de aproveitalos ao máximo ao seu favor; ou mellor: a favor da eficiencia da mensaxe.

    Os deseñadores non só deben saber manexarse cos elementos expresivos que empregan para elaborar os seus produtos. Deben saber atopar o ton axeitado, ser asertivos e coidadosos co público ao que se dirixen, e manexarse con soltura na motivación e o estimulo das emocións das persoas ás que van dirixidas as mensaxes que elabora.

    Os deseñadores deben ter en conta as emocións, as expectativas e as crenzas do espectador á hora de crear imaxes.

    Un deseñador ten que coñecer en profundidade a teoría da cor. Manexar con habilidade a expresividade explícita e implícita da paleta de cores que elixe para unha determinada produción. Entender como cada cor non só transmitirá determinadas mensaxes, senón que tamén influirá na resposta emocional. Debe utilizar cada elemento – a cor, a forma, a imaxe, a tipografía,…- para apelar as emocións do usuario. Entendendo que o deseño gráfico tamén consiste en ter en conta as condicionantes culturais e, sobre todo, a psicoloxía perceptiva.

    O deseño gráfico, a diferencia das artes visuais ou belas artes, non atende só á estética ou a beleza; busca que a beleza resolva problemas concretos de comunicación, motivación e chamada á acción.

    Deseño gráfico e empresa

    O deseño gráfico, no mundo da empresa e os negocios, ten un cometido evidente que busca influír na percepción do mundo que nos rodea. Ademais de informar, as mensaxes deseñadas buscan educar ou persuadir ao público ao que van dirixidos.

    Como axuda o deseño gráfico á empresa?

    • Xerando unha imaxe positiva. Dende a forma do logotipo á paleta de cores para reproducilo deben estar pensados para proxectar unha primeira impresión positiva da empresa, o produto ou a marca. Por iso é importante que estes elementos sexan únicos, atractivos e facilmente identificables pero que ademais transmitan unha mensaxe apropiada para a liña de negocio e axeitada ao público obxectivo ao que imos dirixirnos.
    • Proxectando unha imaxe profesional. É evidente que un bo logotipo non é suficiente. Tódolos recursos visuais da marca deben usarse de xeito coherente. A papelería, os materiais de marketing, os envases dos produtos, á paxina web ou a tenda en liña,… cada produto ou entorna gráfica creada arredor do negocio contribúe a consolidar a imaxe da empresa. O deseño gráfico resulta determinante para consolidar a identidade da marca. Un deseño gráfico coherente e ben elaborado pode fortalecer a marca ou negocio; o mesmo que a falta de coherencia ou o deseño descoidado poden facer un dano irreparable á implantación do mesmo.
    • Permitindo a identificación e distinción da marca. Identificadores visuais como o logotipo, a paleta de cores elixida, a papelería ou a embalaxe dos produtos,… xunto con moitos outros, son ferramentas esenciais para a penetración no mercado. Un dos papeis esperados da imaxe de empresa é a de servir de identificador instantáneo. O deseño gráfico debería permitir recoñecer de xeito case inmediato a marca, pero tamén desatar no espectador unha conexión instantánea cos valores, os produtos ou os servizos que ofrece. Un deseño gráfico de éxito é aquel que contribúe a crear vínculos entre os consumidores e a marca. Aquel que permite diferenciarte da competencia e te destaca entre os inputs mentais do consumidor potencial.
    • Comunicando mellor. Comunicar ideas, transmitir sensacións, motivar emocións. O deseño gráfico serve para informar, comunicar e motivar ou persuadir ao teu público. Se buscas comunicar unha idea ou mensaxe de forma eficaz, buscarás un deseñador gráfico experto que te axude a transmitila con éxito.
    • Reforzando a confianza e a credibilidade da marca. A comunicación deseñada e eficiente axuda a aumentar a confianza e a credibilidade na marca. Fai que o consumidor se sinta informado, o que repercute moi positivamente na fidelización do público obxectivo, e seguramente tamén nas vendas. Este efecto dominó do deseño gráfico de éxito permite que a empresa se consolide e prospere a máis longo prazo.
    • Ampliando o valor do negocio. Unha marca atractiva é unha marca de éxito, que medra e se expande a nichos de mercado cada vez máis amplos. Se á primeira impresión positiva se unen a imaxe profesional, un crecente recoñecemento da marca, unha comunicación eficaz e o aumento da confianza e da credibilidade, esa é a formula do éxito, o camiño idóneo para mellorar as vendas e ampliar o valor do teu negocio.

    Conta entón cun deseñador gráfico solvente se queres non perderte polo camiño.


    Lecturas:

    Fotos:

    • Jonathan Borba: https://www.pexels.com/photo/posters-on-wall-3052727/