O deseño web, a creación de escenarios ou experiencias para as persoas que visitan o teu sitio é unha tarefa na que de forma constante vas ter que tomar decisións.
Decisións sobre a liña gráfica, a combinación de fontes, o uso dunha ou outra tecnoloxía… Se deseñas ou desenvolves sitios web vas ter que tomar decisións.
… E pode que, as veces, se non estás seguro dos beneficios ou inconvenientes das posibles opcións, isto supoña un problema no lóxico avance do teu proxecto. Convén pois informarte das alternativas antes de mergullarte no traballo, xa que non quererás darte conta tarde de que a alternativa escollida non é a mellor posible, ou que aquela posibilidade que desbotaches era realmente a mellor opción.
Sempre recomendo aos meus alumnos e socios que lean e se informen das alternativas antes de mergullarse no desenvolvemento do proxecto e nunca a metade do mesmo. Algunhas decisións é mellor tomalas antes de encetar.

Formatos gráficos na web
Un dos problemas recorrentes que atopan os deseñadores e desenvolvedores web é decidir cal é o formato gráfico máis axeitado para cada momento.
Como sabes existen dous modelos básicos de tipos de imaxe: os gráficos de mapas de bits e os gráficos vectoriais. Os mapas de bits teñen como unidade mínima de configuración ao píxel. O tamaño da imaxe se determina polas dimensións de ancho e alto da imaxe en píxels; e pola profundidade de cor – bits por píxel- que determinan o número de cores distintos que poden almacenarse en cada píxel e por tanto, en grande medida, a calidade da imaxe. Así unha imaxe de iguales dimensións, de ancho e alto, de 300ppp terá potencialmente máis calidade que unha de 72ppp, pero tamén pesará máis.
Hai algúns como o vello *.jpg( ISO/IEC 10918, 1992) ou o novo *.wbep(Google, 2010), aos se lles atribúe a eficiencia da compresión – menor tamaño-, asociada ao uso de paletas extensas de cor, que os fai especialmente recomendables para presentar fotos, incluídas as de moita calidade.