Benvido á bitsolto, a bitácora dun eterno aprendiz.
Levo anos adicándome ao deseño gráfico e ao desenvolvemento web. Empecei como deseñador gráfico ao pouco de saír da Facultade de Belas Artes de Bilbao, ala polo ano 1997. E dando clases de debuxo e deseño a novos deseñadores e interioristas nunha academia da cidade de Vigo.
Daquela, os ordenadores encetaron a desperta a miña curiosidade e acabei por facerme cun Commodore Amiga co que encetei a facer os meus primeiros deseños dixitais e coñecer as posibilidades gráficas da emerxente ferramenta. O resto dos ordenadores daquela non despertaban moito a miña curiosidade e resultaba bastante aburrido pasarse horas diante das pantallas verdes que lucían a maior parte deles.
Xa a principios dos 90 (Windows 3.11, ano 1993, PHOTOSHOP 3.0, ano 1994) entrei como deseñador de produtos multimedia e editor de vídeo analóxico nunha axencia que por aquel entón creaba spots publicitarios e produtos interactivos en CDRom empregando estacións de traballo Silicon Graphics- SGI; e que sería das primeiras axencias en crear as primeiras webs corporativas para empresas de todo Galicia (1994-1997). Aquela foi a oportunidade de encetar a coñecer linguaxes como HTML, PHP, Javascript, e até ActionScript para Flash :), aínda que o meu papel fundamental seguiu sendo o de deseñador gráfico e editor de vídeo, enseguida me adaptei ao deseño UI e a arquitectura da información do formato web.
Tamén, durante esa etapa, volvín a Facultade de Belas Artes, esta vez en Pontevedra, a encetar os estudos de doutoramento e dedicarme durante un par de anos ao deseño 3D e á edición de vídeo dixital, aproveitando que a recen creada escola dispoñía de moi bos ordenadores PC e novas mesas de edición de vídeo tanto analóxico como dixital.
Pero o que realmente me seguía apaixonando era a formación e sobre todo me atraia cada vez máis a programación web.
Así que en 1997 decido dar o paso e crear Ambos Associated Lda. – ambosass.com -; a banda dun só home na que comecei – e sigo – a deseñar e programar sitios web de tódolos formatos.
Hoxe vintetantos anos máis tarde sego a desenvolver portais corporativos e tendas on-line, a desfrutar axudando as empresas a medrar e a posicionar os seus negocios en Internet, e a dar clases de desenvolvemento web a mozas e mozos que queren entrar neste apaixonante mundo. E tamén axudo a adultos coa alfabetización dixital, a seguridade TIC e o mantemento dos seus negocios on-line.
E sigo aprendendo, creando e compartindo experiencias con persoas de todo o mundo.
Hoxe enceto esta nova andaina coa creación deste portal no que quero compartir as miñas experiencias e coñecemento, e co que manter viva a curiosidade arredor do mundo da comunicación e as TIC.
Se es un apaixonado da creatividade, o deseño aplicado e a programación web, ou se só sentes curiosidade, espero que desfrutes dos cursos, titorías e artigos que vou publicar.
E como pílula de benvida un vídeo da época na que comezou esta andaina: Welcome to the jungle (3/10/ 1987)