Acostumarse á IA

Acostumarse á IA

Vivimos momentos axitados pola irrupción da IA. Cunha mestura de temor e ilusión, atendemos ao seu crecemento e diseminación. E por máis que a escuma do presente nos cegue e nos empurre a pensar na distopía antes que na realización dos nosos soños, é bo tomar distancia e revisar a evolución das moitas ferramentas das que nos servimos para chegar aquí.

O mellor, así, entendamos mellor que a IA non ven a funcionar como un substituto dos humanos senón a converterse nunha nova interface adicional da que os humanos podemos valernos. Aínda que nada máis sexa por que esta perspectiva danos unha alternativa; ábrenos unha porta de entrada ás poderosas posibilidades de mellorar as cousas que facemos, aforrándonos perder o tempo ou queimarnos no tedio, e nos lembra que somos só nos os donos do futuro.

Ao longo do tempo os humáns buscaron atopar a forma de escapar das tarefas repetitivas e pouco satisfactorias. E para iso puxeron moito empeño e enxeño.

Non hai máis que ver algunha das innovacións das que foron capaces en enxeñaría ou programación informática. Innovacións que, até o de agora, nos permitiron traballar máis rápido e de forma máis eficiente e creativa:

  • Século XVII: Gottfried Leibniz desenvolveu o sistema numérico binario moderno, a base do código binario.
  • 1800: creouse a teoría da cor RGB, o precursor do código hexadecimal (década de 1980); o matemático James Maxwell desenvolveu a primeira fotografía en cor (1861)
  • 1883: Ada Lovelace creou a primeira linguaxe de programación informática
  • 1949: Creación da linguaxe ensambladora, que simplificaba a linguaxe do código máquina
  • Década de 1950: Creación de Autocode, Fortran, Algol (base de Pascal, C, C++ e Java), COBOL e LISP
  • 1964: BASIC desenvolvido por John G. Kemeny e Thomas E. Kurtz, posteriormente modificado por Bill Gates e Paul Allen para converterse no primeiro produto de Microsoft
  • Década de 1970: Pascal (a base dos primeiros produtos de Apple), Smalltalk, C, MATLAB e SQL desenvolvidos; estandarizou a linguaxe para todas as tecnoloxías empresariais e fixo que os analistas puidesen falar cos datos sen coñecer o código.
  • Década de 1980: Objective-C, C++, Perl: o auxe das interfaces gráficas (é dicir, Apple, videoxogos)
  • Década de 1990: Chega Internet: HTML, CSS, Python, Visual Basic, Java, PHP, Ruby e Javascript: enfoques baseados en scripts para mostrar información e a capacidade de dar forma á capa de presentación de Internet
  • Anos 2000: C#, Groovy, Go, Swift e o amplo mundo das API, o que permite conectar aplicacións sen problemas

Capa tras capa, a informática foi empoderando aos humanos coa maxia dixital: o poder de tomar o que temos na cabeza e comunicalo en imaxes e palabras ao instante en todo o mundo.

ref: https://uxdesign.cc/ai-is-the-new-ui-63bea230dd9b

A chegada da IA é só un chanzo máis na carreira de ratas que decidimos protagonizar, debaténdonos entre a estulticia e a brillantez extremas. E pode que, sen decatarnos entre tanto discurso, esquecemos a miúdo que foron cacholas humáns as que nos trouxeron até aquí. Que son as cacholas humáns as que deseñan esa IA tan debatida; e que seguro deberán ser cacholas humáns as que deban sacar o mellor dela, e aprender a desbotar os excesos e os efectos máis indesexables da mesma.

E lembrade que como dixo Noah Levin, vicepresidente de Deseño de Produtos de Figma: Se nos poñemos preguiceiros, apáticos ou asustados, estamos en problemas.

Cando usamos ferramentas con IA, debemos lembrar sempre que as máquinas foron adestradas en base a cousas que primeiro fixeron as persoas. E que por moi avanzados que sexan o computo ou os sistemas LLM só poderemos esperar grandes cousas se somos quen de discernir grandes empresas. Se pedimos lixo iso é o que imos ter. Se nos conformamos coa primeira resposta quedaremos expostos tan só ao evidente ou peor: ao totalmente prescindible e anódino.

A día de hoxe, e moi posiblemente durante moito tempo, as interfaces de IA que usemos, si están adestradas en información de calidade, poderán ofrecer respostas de calidade que poderás aproveitar e coas que poderás traballar, estudar,... seguir avanzando na tarefa que esteas a desenvolver. Pero si se van a alimentar das moreas de lixo que centos de idiotas verten cada día en Internet, logo iso é o que terás: moreas de lixo idiota co que seguramente nin sequera poderás facer un meme con graza.

Internet posibilitou un fluxo de datos inmenso e, en certa medida, sen filtros. Onde xunto a algúns casos brillantes abondan a publicidade capciosa, o mercado a-regulado e unha inmensa tristura disfuncional e egocéntrica. E iso deberíamos ter en conta cando adoptamos un asistente IA.

Se a pregunta que lle propós ao teu asistente IA non está correctamente elaborada a resposta pode ser moi prescindible.

Outra cousa que non ten a IA é a capacidade de soñar. Soñar o teu soño, imaxinar o futuro que imaxinaría un neno, unha adolescente ou un ancián sen case esperanza de vida. Os soños da IA só poden construírse despois de que alguén lle conte os seus soños, e aínda así carecerán sempre da substancia que teñen os soños dos humáns.

Polo que sei a IA resolverá máis axilmente os cálculos probabilísticos pero terá tan só tantas o menos probabilidades de acertar o gordo como o ludopata que consume toda a paga en boletos da lotaría de nadal. Seguramente fará uns bos resumes dos textos, libros e documentos que vas a empregar para escribir a túa tese doutoral, aínda que dificilmente saberá decidir con orixinalidade o asunto da túa investigación.

Xa hai decenas de ferramentas que pode ser tentador empregar para resolver distintas tarefas sinxelas. E eu son dos primeiros en animar aos meus alumnos a usar ferramentas de intelixencia artificial que lles axuden a traballar de forma máis rápida e eficiente. Pero ante todo invítoos sobre todo a aprender a evitar as infames "alucinacións" (información falsa pero plausible) polas que se coñecen os LLM.

En definitiva, por incrible que sexa a tecnoloxía (e o é), a maxia redúcese as tecnoloxías informáticas. E aí, como en case outra faceta do ser humán, canto maior sexa a calidade das túas ideas e coñecementos, máis oportunidades atoparemos de cambiar o mundo para mellor.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.