Proxy vs. VPN

Proxy vs. VPN

As redes privadas virtuales (VPN) e os servidores proxy teñen en común que ambos serven para conectarte a equipos remotos. As dúas serven para mellorala privacidade na rede. Coas duas podemos *agochar a nosa dirección IP* ao navegar. Pero aí se acaban os parecidos. Son dous elementos diferentes que desenvolven a súa tarefa mediante métodos distintos e con diferentes graos de privacidade e encriptación.

  • Unha VPN vai a cifrar todo o noso tráfico; un proxy non, só agochará a nosa IP. Ámbalas permiten unha navegación máis anónima pola web.
  • Un proxy agocha a nosa dirección IP real e así protexe a nosa privacidade, pero só proporciona enmascaramento IP a unha aplicación de cada vez.
ProxyVPN
Agochar IP✔️✔️
Tráfico cifrado✔️
Mellora da seguridade✔️
Uso en só unha APP✔️✔️
Uso en todo o ordenador✔️
Fácil configuración✔️✔️
  • Si buscamos algo máis completo, que protexa as nosas conexións e nos ofreza una serie de opcións a máis, o mellor sería empregar unha VPN.
  • Si buscamos simplicidade, rapidez de uso e nos basta con agochala nosa IP, un Proxy é suficiente.

Que é unha VPN?

As VPN serven coma un túnel virtual cifrado entre o servidor host e o noso dispositivo, para que poidamos realizar as nosas actividades en Internet de forma protexida. As VPN se configuran a nivel do sistema operativo coma unha rede que captura toda conexión que salga do noso equipo. Isto significa que a diferenza dun servidor proxy (que só actúa coma intermediario dunha soa aplicación) as VPN capturarán o tráfico de cada unha das aplicacións do noso dispositivo: desde o navegador web ata os xogos online pasando polas actualizacións do sistema que se executan en segundo plano.

Grazas ao potente cifrado que empregan as VPN, calquera actividade quedara agochada á vista dos demais - menos do servidor host VPN-. Isto é algo especialmente interesante cando se utilizan equipos móbiles que a miúdo se conectan á WiFi pública, como as de hoteis e aeroportos, que non sempre son seguras. Por iso moitas empresas empregan estas redes virtuais para que os empregados teñan acceso á súa intranet local ou rede corporativa cando están fora da oficina. Unha VPN se pode utilizar en calquera dispositivo que teña instalado o cliente, polo que non importa a localización do usuario.

  • Funciona con Linux, Mac, Windows, Android, iOS
  • Pode utilizar OpenVPN
  • Fácil configuración
  • Protexe e cifra todas as nosas comunicacións, non só un programa

A diferenza do proxy, que só asegura un único programa - cliente torrent, navegador web,...-, unha VPN (Virtual Private Network) é un túnel cifrado que asegura o 100% do noso acceso a Internet: descargas de torrents, correo-e, navegador,... Obtendo, ademais do cifrado, conexións máis rápidas.

Que é un servidor proxy?

Un servidor proxy é un intermediario nas peticións de recursos entre o noso ordenador e Internet. Cando nos conectamos a un proxy, a nosa actividade aparecerá como si viñera de súa dirección IP, e non da nosa. Por esta razón, os proxy, coma as VPN, se poden empregar para superar p.ex. restricións xeográficas, pero aí acaba o que poidan ter en común. En vez de que o tráfico entre o noso dispositivo e o servidor host se agoche detrás dun túnel cifrado (VPN), nos proxy permanece na súa maior parte aberto, o que significa que calquera persoa coas ferramentas axeitadas podería ter acceso ao noso tráfico de Internet.

Cando usamos un proxy - p.ex. con un utorrent- obtemos tódolos beneficios aportados polo servidor proxy: a seguridade, a velocidade, a localización xeográfica e unha IP anónima.

Os servidores proxy poden empregar dous protocolos diferentes para conectarse a Internet: HTTP y SOCKS.

  • Os proxy HTTP existen desde fai décadas e son os máis fáciles e rápidos de usar. Se utilizan exclusivamente para a navegación, xa que só se poden empregar para acceder aos sitios web.
  • Por outro lado os proxy Socket Secure (SOCKS) están máis orientados ao tráfico de Internet máis alo do tráfico HTTP do noso navegador. Se utilizan popularmente para servicios torrent ou para conectarse a servidores FTP e web.
  • Funciona con navegadores web, clientes de torrent, clientes de correo, etc…
  • Protexe un solo programa de cada vez
  • Fácil configuración
  • Empregará cifrado só si se usa SSH

Que é un Proxy privado?

Un proxy é unha dirección IP que actúa coma intermediario entre o noso PC e Internet para realizar solicitudes a sitios web no noso nome. Cando usamos un proxy, a nosa computadora envía solicitudes ao proxy, e este procesa ditas solicitudes e nos amosa o resultado. Sempre enmascarando a nosa dirección IP real permitindo unha navegación máis anónima e protexendo a nosa privacidade.

Un proxy privado é unha dirección IP dedicada que non só é anónima, senón que so a podes usar ti - durante toda a suscripción ao servizo-, tendo así o control total sobre o uso dese proxy. Por iso é privado. Ninguén te poderá banear a non ser que sexas ti o que cometas un erro.

Cal é mellor?

Hai que lembrar que ningunha solución é completamente segura. Dito isto, na maioría de medidas unha VPN supera a un proxy, tanto a nivel de privacidade coma de seguridade. Coas VPN non só obtemos un cifrado sólido en todo o tráfico de Internet que ven do noso ordenador, senón que ademais podemos eludir xeorestricións e facer intercambios completamente privados. En liñas xerais un proxy só resultaría axeitado para accións de navegación superficial, sen uso de información persoal.

Proxy

  • Funciona con navegadores web, clientes de torrent etc…
  • Protexe un só programa á vez
  • Fácil configuración
  • Engade encriptación si se usa SSH

VPN

  • Funciona con Linux, Mac, Windows, Android, iOS
  • Pode usar OpenVPN
  • Fácil configuración
  • Protexe e cifra todas as comunicacións, non só un programa

Proxy vs VPN

Seguridade e privacidade

  • Proxy: ocultan a nosa dirección IP (os proxy gratuítos poden comprometer o teu ordenador con malware, así que será mellor acudir aos de pago). Elixir proxies HTTPS ou SOCKS.
  • VPN: ofrecen maior seguridade e privacidade que os proxies. Cifran todo o trafico e agochan a nosa IP. Non son recomendables os VPN gratuítos xa que soen vender a túa privacidade.

Conexión e cifrado

  • Proxy: só se conectan a Internet a través de tráfico web. Non van a protexer outro tipo de conexións.
  • VPN: cifran todas as túas conexións. Normalmente nos conectamos mediante algún programa que nos proporciona o provedor VPN.

Velocidade

  • Proxy: soen ser moito máis rápidos que os VPN, sobre todo os proxies privados de pago.
  • VPN: máis lentos que os proxies debido a súa propia tecnoloxía. Hai que elixir un provedor de pago e seleccionar con coidado os servidores aos que nos conectamos.

Para que se usan

  • Proxy: os soen usar hackers, pequenos empresarios ou xente que quere agochar a súa IP na navegación e as descargas, tamén torrent ou P2P.
  • VPN: a gran elección para o público en xeral. Mellores para usuarios ocasionais que queren privacidade, evitar restricións por localización. Son fáciles de usar e configurar.

Podes usar VPN e Proxy conxuntamente?

Si. E en moitas ocasións é o recomendable. Serven para cousas distintas e pódense complementar avantaxadamente. Un exemplo sería dispor un proxy no noso navegador, programa de SEO ou cliente torrent para cambiar a nosa IP e logo usamos unha capa extra de seguridade cun VPN que cifre todo o tráfico e volva a cambiar a túa IP. Si por algún motivo o proxy falla, e perdemos o noso anonimato, en lugar de descubrir a nosa dirección IP real, só se amosará a dirección IP do VPN. Importante usar bos provedores de ambos para non perder moita velocidade.

Normalmente non vamos a necesitar usar as dúas opcións, pero si que podemos conxugar proxies e VPNs sen problema. Baixará, moi probablemente, a velocidade da conexión, pero a nosa privacidade e seguridade online ganarán.

Algún servizo VPN presentable…

1.-NORDVPN

A favor:

  • Moitos servidores dispoñibles
  • Seguridade e anonimato
  • Velocidade de conexión
  • Soporta Torrent e P2P
  • Aplicacións propias
  • Soporta ata 6 dispositivos
  • Simplicidade de configuración
  • Funciona con Netflix

En contra:

  • Non ten versión gratuíta
  • Non bloquea web trackers ou anuncios
  • Algo caro

2.-PIA

A favor:

  • Bloquea anuncios
  • Excelente rendemento
  • Soporta Torrent e P2P
  • Multiplataforma
  • Kill Switch

En contra:

  • Interface pouco atractiva
  • Non se poden seleccionar servidores específicos
  • Non dispón de versión gratuíta
  • Non funciona con Netflix

Cal é o mellor Proxy?

Algúns servicios proxy gratuítos que poden servir para usos puntuais:

  1. VPNBook: proporciona un proxy web cifrado con SSL gratuíto, co que obter un anonimato online total. Se poden elixir servidores proxy en EE.UU., UK ou Canada. É rápido. Coma outros proxies web gratuítos, VPNBook garda un rexistro web (para informar de actividade ilegal) que se borran automaticamente despois de 7 días.
  2. Privoxy: vas a poder converter a túa computadora nun proxy para navegar por internet. Moi fácil de configurar. Vas a necesitar tu propio PC para actuar como Proxy, e logo conectarte a través del como proxy. Ti o controlas todo.
  3. FilterBypass: unha opción perfecta para ver vídeos online bloqueados. Todo estará cifrado e incluso podes despregar scripts e cookies. Vas a poder ver vídeos de YouTube ou Dailymotion bloqueados no teu país sen moito problema. Soporta https, pero non te vas a poder conectar a bancos ou tendas online.

Servizos de Proxy Privado de pago

Se necesitas un bo proxy que funcione sempre, teña unha boa velocidade, asegure a tu privacidade e seguridade online, non recomendo os Proxies compartidos ou os moitos proxies gratuítos que deixan de funcionar á mínima. Mellor un proxie privado.

  1. MyPrivateProxy.netServicio de Proxy Privado de pago que se pode contratar en distintas configuracións desde 2.49$ por mes e escalar segundo necesidades as túas necesidades
    • Os servidores están colocados por todo o mundo en países de confianza: EE. UU. e 8 ubicacións europeas.
    • Proxies con autenticación IP e mediante usuario e contrasinal.
    • Con cada ciclo de pago se cambian as IPs dos proxy.
    • Os contratos a medio longo prazo abaratan o custe.
    • Podes darte de baixa cando queiras.
    • Plugins para Firefox e Chrome.
    • Integración API.
    • Bo soporte.
  2. Buyproxies.orgbuyproxies.org é outro dos provedores con máis nome neste asunto. Ofrece proxies HTTPS compartidos e proxies privados a prezos razoables e con boas velocidades. Podes contratar desde 5 proxies por 10$ mes, ata 100 proxies por 150$ (proxy privados)
    • Servidores en países recoñecibles (USA e Europa).
    • Cambian as IPs en cada ciclo de pago.
    • Acceso con dous ordenadores.
    • Te das de baixa de maneira sinxela.
    • Proxies con autenticación IP e mediante usuario e contrasinal.
    • Integración API.
    • Dispón dunha extensión para Chrome.

Conclusión

Se non te quedou claro cando te interesa un proxy ou un VPN, lembra:

  • Un proxy esta indicado para uso en apps individuales (o navegador, un programa para descargar torrents, etc.) ou para programas de SEO (onde necesitas cambiar a IP rapidamente e en moitas ocasións). Non merece a pena usar listas de proxies gratuítos (inseguros), e si que merece a pena contratar un proxy privado para ti só. Ocultan a IP pero non cifran as túas comunicacións.
  • Un VPN ten un propósito máis xeral: mellorar a privacidade e seguridade online en todo o dispositivo. O teu ordenador, o teu smartphone… Podes usar a subscrición ao VPN en moitos dispositivos e soen ter prezos razoablesm máis si adquires plans de 1 ou 2 anos. Agocha a IP do teu dispositivo e cifran as comunicacións.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.