Algunhas cousas que coñecer de Python

Algunhas cousas que coñecer de Python

Python é unha unha linguaxe de código aberto o que significa que poderás consultar todo o seu código fonte e documentación oficial cando o precises. Python non é unha linguaxe compilada senón que emprega un intérprete, o que o fai máis práctico e accesible para infinidade de procedementos de programación.

Python é unha linguaxe:

  • de propósito xeral así que con el se pode crear practicamente calquera tipo de software.

  • de alto nivel o que fai que sexa fácil de ler e entendible.

  • de tipado dinámico, polo que o tipo dunha propiedade pode ir variando a medida que avanza a execución.

E admite diferentes tipos de paradigmas de programación

  • estruturada

  • funcional

  • orientada a obxectos

Python aparece oficialmente o 20 de febreiro de 1991. O seu creador é Guido van Rossum, que comezou a traballar nela a finais da década dos 80 coma pasatempo. O que buscaba era un proxecto co que manterse ocupado durante o nadal. Pensou en Python como unha descendente doutra linguaxe xa existente chamado ABC.

No momento do seu lanzamento se converteu nunha das linguaxes máis eficientes e innovadoras da época.

Aínda que o seu logotipo ou símbolo, creado por Tim Parking, sexan dúas serpes de inspiración maia – unha azul e outra amarela – o nome que lle deu o seu creador nada ten que ver cos réptis. Ao parecer Guido van Rossum inspirouse no nome da serie de humor dos anos 70: Monty Python’s Flying Circus, unha serie de televisión británica creada e protagonizada polo grupo de humoristas Monty Python. Segundo conta esta serie fíxolle compaña e lle serviu de entretemento durante o desenvolvemento da nova linguaxe.

Logotipo de Python

Enseguida, Python se sitúa entre as linguaxes máis usadas e populares. Pero non sempre lle acompañaría ese éxito inicial. Coa chegada de PHP (1994) e Javascript (1995), Python foi perdendo popularidade. Unha tendencia de caída que continuou durante os seguintes anos.

En 2015 remata o ciclo de vida de Python2 (2000) e emerxe Python3 (2008), que acabará impoñéndose como novo e definitivo estándar da linguaxe. Tamén ese ano, tecnoloxías emerxentes coma o Big Data ou o Machine Learning, se fan cada vez mais populares, e comezan a usar, case de forma maioritaria, Python coma linguaxe para a súa implementación.

Así, dende 2016 até agora a linguaxe non deixa de medrar ate superar a linguaxes tan potentes como Java ou Javascript. Hoxe Python goza de moi boa saúde; e segundo as estatísticas de Github ou StackOverflow ou da cantidade de buscas en Google, Python é unha linguaxe coñecida e reclamada para unha chea de aplicacións. Entre as que se contan tamén implemantacións tanto frontend como backend ou o desenvolvemento da IA.

O camiño, ben é certo, non sempre foi fácil. De feito, o transito de Python2 a Python3 foi moi controvertido. Para poder seguir evolucionando a linguaxe había que romper con certos aspectos de Python2. Isto provocou que Python3 non sempre fora compatible coa súa irmá menor Python2 e que o código desta fora, moitas veces, moi difícil de migrar a Python3.

Como soe suceder nestas situacións, produciuse un gran debate entre os desenvolvedores da época. Pero o tempo acabou dándolle a razón a Python3, e houbo que romper con Python2 para que a linguaxe puidera seguir avanzando.

Hoxe, Python é tan grande que ata ten a súa propia oda: “O Zen de Python“, un poema escrito por Tim Peters. Para coñecelo só tes que abrir un intérprete de Python, por exemplo escribindo import this na IDLE (Integrated Development and Learning Environment, ou «Entorna de desenvolvemento e aprendizaxe integrada») de Python e desa maneira poderás ler o poema:

A oda deixa moi claras as intencións de Python dicindo cousas coma que fermoso é mellor que feo, explícito é mellor que implícito, o simple é mellor có complexo, o complexo é mellor có complicado e que a lexibilidade conta…

O certo é que o poema non minte: Python é unha das linguaxes coa curva de aprendizaxe menos pronunciada, a súa sintaxe é ben simple e fácil de ler e iso a converte nunha das mellores linguaxes para comezar a aprender a programar.

E, ao contrario de moitas outras linguaxes, a maioría das funcionalidades non residen no seu núcleo. De feito Python fomenta a creación de módulos; así que as súas diferentes funcionalidades están despregadas en distintos módulos, o que contribúe a que se poida usar só o que se necesita.

Python é famosa, moi famosa. Tanto que ao longo dos anos se crearon diferentes implementacións noutras linguaxes que se acaban, por así dicilo, compilando a Python. Basicamente se trata de formas de escribir código noutras linguaxes pero coa intención de que sexa Python a que tome o control en última instancia.

CPython en C, Jython en Java, IronPython en .NET, Rubypython en Ruby ou MicroPython para microcontroladores,… entre outras tantas que poderás atopar pola www

Se xa oíches falar de Python, seguro que terás escoitado algunha vez iso de que Python é lento para tratarse dunha linguaxe interpretada e de alto nivel. Pois non. Python é unha das linguaxes máis rápidas que hai, e sigue mellorando. Así a versión 3.11, que apareceu en novembro de 2022, fixo que sexa entre un 10% e un 60% máis rápido do que era ata entón.

Ademais, Python é unha linguaxe especialmente boa para o cálculo. Así que institucións como a NASA ou o CERN o utilizan como unha das súas ferramentas preferentes. E en compañías tecnolóxicas como Google ou Meta, Python é unha das linguaxes primordiais. Por algo será.

Entón, si alguén te di que Python é lento non lle fagas moito caso. Iso é outra lenda urbana parecida á de que PHP está xa morto.

En canto á hora de programar ou escribir código, en Python non necesitas punto e coma ao final de cada instrución. Tampouco se utilizan as chaves para definir bloques de código. Python utiliza a indentación significativa. Isto quere dicir que segundo sangremos o noso código a sentenza vai pertencer a un bloque ou a outro. Iso si, Python nos obriga a indentar correctamente o código.

Outras das súas características son que con Python se poden crear valores infinitos, ou que pódese utilizar a cláusula else dentro dun for.

E hai máis…, pero para non estenderme só subliñar a enorme comunidade que hai detrás desta potente linguaxe. De feito, hoxe a comunidade detrás de Python é unha das máis grandes, con infinidade de recursos e cun montón de xente disposta a compartir e axudar.

Así que se o teu é programar non lle perdas a vista a esta vella e interesante linguaxe.