Depurar PHP en VSCode

  • Publicado en WebDev
  • Actualizado
  • 3 minutos de lectura
  • Etiquetado como ,

Depurar PHP en VSCode

Depurar PHP en VSCode

VSCode dispón para PHP, coma para outras linguaxes, de algunhas funcións como resaltado de sintaxe, coincidencia de corchetes, auto completado de código e fragmentos listos para usar. Ademais se lle poden agregar aínda máis funcións a través de extensións.

Linting (espeluxando)

VS Code utiliza o linter oficial de PHP (<code>php -l</code>) para o diagnóstico da linguaxe PHP.

Se usas Xampp, Laragon,… ou calquera outra suite *AMP, asegúrate de ter unha instalación completa de PHP.

Hai tres configuracións para controlar o linter PHP:

– “php.validate.enable“: controla si se habilita o linting de PHP. Habilitado de forma predeterminada.

– “php.validate.executablePath“: apunta ao executable PHP no disco. Configura isto se o executable PHP non está na ruta do sistema.

– “php.validate.run“: controla se a validación se activa ao gardar – `”onSave”` – ou ao escribir – `”onType”` -. O valor predeterminado é `”onSave”`.

Para cambiar a configuración de PHP, abre a Configuración de usuario ou de espazo de traballo ( `Ctrl + ,` ) – escribe ‘php’ para filtrar a lista de configuracións dispoñibles.

Extensións

Existen moitas extensións dispoñibles para PHP – unhas 830 alo menos a dia de hoxe.

A úneca que podería recomendar para un uso xeral é **[PHP TOOLS](https://marketplace.visualstudio.com/items?itemName=DEVSENSE.phptools-vscode)**.

## Depuración

VSCode admite a depuración de PHP con XDebug a través da extensión ‘[PHP Debug](https://marketplace.visualstudio.com/items?itemName=xdebug.php-debug)’.

:eye: Esta extensión xa ven integrada en ‘PHP Tool’.

Comproba que ademais tes instalada e habilitada a extensión XDebug na configuración do teu servidor de proba. Ver `php.ini`.

Crear perfil de depuración

i

– Abrir o teu arquivo ou proxecto PHP

– Premer F5

– Seleccionar: ‘Profile current script’

ii

– Executar o servidor local

– Executar e depurar

    – Crear `launch.json` (para Xdebug)

    – Editar `launch.json`

     “`json

     …

     “configurations”: [

        {

        +   “name”: “Launch built-in server and profile”,

            “type”: “php”,

            “request”: “launch”,

            “runtimeArgs”: [

                “-S”,

                “localhost:8000”,

                “-t”,

        +       “./public”  // apuntar ao index.php raiz do proxecto

            ],

        +   “profile”: true,

        +   “openProfile”: true,

            “port”: 9003,

            “serverReadyAction”: {

                “action”: “openExternally”

            }

        },

       

    ]

     “`

Xa tes un perfil de depuración para o teu proxecto. Executa o servidor local cando precises verificar o teu código, este perfil gardado en `launch.json` aplicará a súa configuración a dito proceso.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.