Seguro que máis dunha vez - como non! -, terás oído falar de Vue ou de React. E pode que aínd anon teñas moi claro para que serve cada un, ou , mellor, non sabes en que momento é mellor decidirte por un ou por outro.
Vue
Vue.js foi creado por Evan You en 2013 mentres traballaba en AngularJS para Google. Foi lanzado á web en 2014, e case dende a súa aparición foi gañando en popularidade e converténdose na libraría favorita de moitos desenvolvedores para crear aplicacións dunha soa páxina.
Vue.js funciona con JavaScript, é altamente flexible e funciona tanto para crear aplicacións dunha soa páxina, coma tamén para deseñar interfaces de usuario. Outra das súas características é que se pode empregar tamén para crear aplicacións de escritorio e móbiles en combinación co framework Electron.
Algunhas aplicacións web que empregan Vue
- Gitlab
- Grammarly
- Behance
- Laravel Spark
- Adobe Portfolio
- 9gag
- Nintendo
- FontAwesome
React
React é unha librería de código aberto desenvolvida por un equipo de Facebook. A idea era mellorar o antigo modelo da coñecida rede social que, debido a traballar co típico sistema de enlaces entre vistas e datos encetaba a manifestar graves problemas de rendemento provocados pola gran cantidade de conexións entre capas.
Creada en 2013, é unha ferramenta para crear interfaces dinámicas para sitios web. A súa forza radica na representación de elementos construídos con compoñentes reusables no que se denomina o DOM virtual.
Grazas ao uso deste DOM virtual, React non perde rendemento durante a interactividade e manipulación; xa que este DOM virtual é unha representación do DOM, que permite que cada vez que se cambia o seu estado se actualice a unha representación virtual e non real da interface.
O DOM virtual represéntase como unha árbore. Cada elemento é un nodo presente nesa árbore, se o estado de calquera destes cambia, isto provoca a creación dunha nova árbore ou DOM virtual distinto ao anterior.
Estas caracteristicas fan que React se poida empregar para:
- crear aplicacións web con interfaces de usuario sofisticadas
- construír compoñentes a medida reutilizables e que permiten tempos de desenvolvemento máis rápidos
Outra característica salientable de React é a súa rapidez de carga. O que fai que as webs desenvoltas con React sexan ben amigables para os buscadores.
Algunhas aplicacións web que empregan React
- Netflix
- PayPal
- BBC News
- Yahoo
- Dropbox