{"id":1635,"date":"2026-07-16T20:03:20","date_gmt":"2026-07-16T19:03:20","guid":{"rendered":"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/?p=1635"},"modified":"2026-07-17T13:15:54","modified_gmt":"2026-07-17T12:15:54","slug":"por-que-a-ia-pode-non-ser-unha-vantaxe-competitiva-para-quen-a-adopta","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/blog\/por-que-a-ia-pode-non-ser-unha-vantaxe-competitiva-para-quen-a-adopta\/","title":{"rendered":"Por que a IA pode non ser unha vantaxe competitiva para quen a adopta?"},"content":{"rendered":"<p>A resposta (moi opinable!) xerada polo propio ChatGPT poder\u00eda ser algo as\u00ed:<\/p>\n<blockquote>\n<p>Vantaxe competitiva ref\u00edrese \u00e1 vantaxe \u00fanica dunha empresa sobre os seus competidores que lle permite xerar maior valor para os seus clientes e\/ou custos m\u00e1is baixos que os seus competidores. Para un emprendedor que sexa un dos primeiros en adoptar ChatGPT, ter unha vantaxe competitiva poder\u00eda vir en forma de ser o primeiro en comercializar un produto ou servizo que utiliza ChatGPT, ou ter unha comprensi\u00f3n particularmente profunda de como usar ChatGPT para crear valor para os clientes.  <\/p>\n<p>Hai varias maneiras nas que os emprendedores poden obter unha vantaxe competitiva, inclu\u00edndo:<\/p>\n<ol>\n<li><strong>Diferenciaci\u00f3n<\/strong>: Ofrecer un produto ou servizo \u00fanico que \u00e9 significativamente diferente do que ofrecen os competidores.<\/li>\n<li><strong>Vantaxe de custos<\/strong>: Poder producir bens ou servizos a un custo m\u00e1is baixo que os competidores.<\/li>\n<li><strong>Intimidade co cliente<\/strong>: Ter unha comprensi\u00f3n profunda das necesidades e preferencias dos clientes e poder satisfacelas dun xeito que os competidores non poidan.<\/li>\n<li><strong>Efectos de rede<\/strong>: Crear un produto ou servizo que se volve m\u00e1is valioso a medida que m\u00e1is<br \/>\nxente o usa.<\/li>\n<li><strong>Propiedade intelectual<\/strong>: protecci\u00f3n de ideas, procesos ou produtos \u00fanicos con patentes, marcas comerciais ou dereitos de autor.<\/li>\n<\/ol>\n<p>C\u00f3mpre sinalar que a vantaxe competitiva non \u00e9 un estado permanente e que as empresas necesitan innovar e adaptarse continuamente para manter a s\u00faa vantaxe sobre os competidores.<\/p>\n<\/blockquote>\n<p>\u2623\ufe0f Na mi\u00f1a modesta opini\u00f3n s\u00f3 a \u00faltima frase ten un pouco de sentido. O demais \u00e9 s\u00f3 unha serie de <em>raz\u00f3ns de marketing<\/em> ou frases para adornar o produto: <strong>nada que un profesional capacitado non poida resolver sen o concurso da IA<\/strong>.<\/p>\n<p>A primeira, a diferenciaci\u00f3n, \u00e9 unha das m\u00e1is inconsistentes. Algo moi f\u00e1cil de comprobar se usas IA para xerar imaxes, texto ou incluso automatizar tarefas\u2026, e ver a falta dun estilo diferenciador. Algo que un dese\u00f1ador gr\u00e1fico ou redactor humano calquera proporciona case de xeito natural e sen esforzo, queda totalmente dilapidado e aplanado polas respostas de calquera IA. Os evanxelistas da IA dir\u00e1n que o modelo a\u00ednda est\u00e1 en fase de desenvolvemento ou pouco adestrado; o que descobre a inconsistencia do punto 5, xa que adestrar o modelo implica saltarse a propiedade intelectual de centos de artistas e creativos con tal de que o modelo te\u00f1a mellores referentes, iso si: sen protexer os dereitos de autor e as ideas dos mesmos. E isto tam\u00e9n \u00e9 v\u00e1lido para as respostas xeralistas que obtemos cunha IA, onde os modelos asaltan blogs, bases de datos, datos de car\u00e1cter persoal,\u2026 todo con tal de devolver unha resposta sen curaci\u00f3n ou aval de verosimilitude, que por desgracia moitos est\u00e1n a aceptar sen sentido cr\u00edtico como se tratar\u00e1 dunha verdade incontestable. E si: a IA tam\u00e9n se equivoca, delira e minte (a\u00ednda que sexa sen problemas de conciencia).<\/p>\n<blockquote>\n<p>Por que se copias un paragrafo sentes que es un impostor, mentres que se deixas que iso o faga unha IA por ti sentes que est\u00e1s a crear algo propio e novidoso?<\/p>\n<\/blockquote>\n<p>Cando copias, hai un acto consciente de apropiaci\u00f3n. Cando usas a IA, a m\u00e1quina fai o <em>traballo sucio<\/em>, mentres, a nivel psicol\u00f3xico &#8211; pero non xudicial!-, ti quedas co rol de <em>director<\/em> ou <em>curador<\/em>. A ilusi\u00f3n de autor\u00eda nace porque o esforzo mental se despraza da execuci\u00f3n \u00e1 <strong>toma de decisi\u00f3ns<\/strong> (o prompt, o refinamento). A\u00ednda as\u00ed, o &quot;estilo propio&quot; dil\u00faese, xa que a IA promedia, non singulariza. O paradoxo \u00e9 que o emprendedor que busca diferenciaci\u00f3n usando unha ferramenta masiva est\u00e1, en realidade, <strong>homoxeneizando<\/strong> a s\u00faa oferta. Ademais de que parece obvio que adestrar modelos con datos protexidos sen consentimento non \u00e9 <em>innovaci\u00f3n<\/em>, \u00e9 <strong>apropiaci\u00f3n<\/strong>.<\/p>\n<p>A vantaxe de custos \u00e9 unha vez m\u00e1is un <em>punto a favor<\/em> rid\u00edculo e volve a po\u00f1er ao usuario de IA fronte ao <em>dilema do aguacate<\/em>. Un alimento moi demandado pero que antes de chegar \u00e1s nosas mesas a s\u00faa produci\u00f3n e transporte esta ligada \u00e1 deforestaci\u00f3n, aos conflitos sociais, o uso excesivo de auga e produtos fitosanitarios nocivos para o medio ambiente, e un transporte altamente contaminante. A IA funciona grazas a grandes centros de datos que consumen moit\u00edsima enerx\u00eda e contaminan grandes cantidades de auga, afectando a outras actividades &#8211; agr\u00edcolas, industriais,\u2026- que precisan tam\u00e9n deste ben, e que afectan <em>cada vez m\u00e1is<\/em> ao caudal m\u00ednimo de subsistencia de <em>cada vez m\u00e1is<\/em> comunidades. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/1765afae72351027b87b3aec708cb9594ac05ba8-scaled-e1600375167363-1280x720-1.jpg\" alt=\"Os 3 puntos clave do conflito da auga en M\u00e9xico polo tratado con EEUU\" \/><\/p>\n<p><small>Na imaxe: Agricultores da cidade de Delicias protestan na ponte Internacional C\u00f3rdoba das Am\u00e9ricas, en Ciudad Ju\u00e1rez, Chihuahua. O conflicto da auga na raia norte, onde agricultores chocan coa Garda Nacional e coas demandas de EEUU, desborda a un Goberno mexicano incapaz de satisfacer por igual a estes actores clave. <a href=\"https:\/\/forbes.com.mx\/noticias-los-3-puntos-clave-del-conflicto-del-agua-en-mexico-por-el-tratado-con-eu\/\">EFE\/Luis Torres\u00a0|\u00a0Forbes<\/a><\/small><\/p>\n<p>Segundo estudos presentados por <a href=\"https:\/\/www.amnesty.org\/es\/latest\/news\/2023\/09\/drc-cobalt-and-copper-mining-for-batteries-leading-to-human-rights-abuses\/\">Amnist\u00eda Internacional<\/a> a cadea de subministro ligada \u00e1 IA e \u00e1s tecnolox\u00edas dixitais amplifica a explotaci\u00f3n social e laboral que xa exist\u00eda, engadindo novas capas de invisibilidade e presi\u00f3n econ\u00f3mica sobre as persoas m\u00e1is vulnerables<sup id=\"fnref1:1\"><a href=\"#fn:1\" class=\"footnote-ref\">1<\/a><\/sup>. A demanda masiva de bater\u00edas, centros de datos e dispositivos \u201cintelixentes\u201d aumenta a demanda de minerais cr\u00edticos coma cobalto, cobre ou litio, o que incentiva a explotaci\u00f3n intensiva en pa\u00edses con leis laborais d\u00e9biles ou practicamente inexistentes. A carreira por m\u00e1is potencia de c\u00e1lculo e m\u00e1is dispositivos conectados crea m\u00e1is presi\u00f3n para producir barato e r\u00e1pido, empurrando empresas e intermediarios a recortar en seguridade, salarios e dereitos.<\/p>\n<p>Analizada con esp\u00edrito cr\u00edtico, a situaci\u00f3n actual do desenvolvemento e aplicaci\u00f3n da IA s\u00f3 parece conveniente para o feudalismo tecnol\u00f3xico: aparta \u00e1s persoas do co\u00f1ecemento, enfr\u00f3ntanos a unha era de control mercantilista total das nosas vidas e unha falta de liberdades que de seguro vai condicionar as nosa existencia a perdas que durar\u00e1n xeraci\u00f3ns ou ser\u00e1n de facto totalmente irreversibles.<\/p>\n<h2>Que \u00e9 ChatGPT?<\/h2>\n<p>Definici\u00f3n xerada polo propio ChatGPT:<\/p>\n<p><em>ChatGPT \u00e9 unha variante do modelo de linguaxe GPT (Generative Pre-training Transformer) que foi dese\u00f1ado especificamente para aplicaci\u00f3ns de chatbot. Ad\u00e9strase nun gran conxunto de datos de transcrici\u00f3ns de conversas e \u00e9 capaz de xerar respostas semellantes \u00e1s humanas a unha ampla variedade de solicitudes de entrada. ChatGPT \u00e9 capaz de manter conversas sobre unha ampla gama de temas e pode incluso inclu\u00edr emojis e argot nas s\u00faas respostas. \u00c9 un exemplo dun tipo de modelo de linguaxe co\u00f1ecido como transformador, que \u00e9 unha arquitectura de rede neuronal que \u00e9 particularmente axeitada para tarefas de procesamento da linguaxe natural<\/em>.<\/p>\n<p>Moitos outros modelos de IA caber\u00edan baixo esta mesma definici\u00f3n.<\/p>\n<p>Non deixa de ser curioso o uso do substantivo<sup id=\"fnref1:2\"><a href=\"#fn:2\" class=\"footnote-ref\">2<\/a><\/sup> <em>transformador<\/em>, cando en ning\u00fan momento se explica que e como vai ser transformado.<\/p>\n<p>A documentaci\u00f3n destes modelos <em>transformadores<\/em> apunta a que ese nome se debe a que a s\u00faa <em>arquitectura neuronal ten a capacidade de &quot;transformar&quot; unha secuencia de texto de entrada noutra secuencia de sa\u00edda, realizando conversi\u00f3ns como traducir idiomas, resumir documentos ou xerar respostas novas a partir da predici\u00f3n da seguinte palabra m\u00e1is probable<\/em><sup id=\"fnref1:3\"><a href=\"#fn:3\" class=\"footnote-ref\">3<\/a><\/sup>.<\/p>\n<p>Pero, \u00e9 este o valor real dese nome? Ou hai outras intenci\u00f3ns de transformar cousas que aqu\u00ed non se declaran? Tratase dunha definici\u00f3n do comportamento dos modelos, ou dun proceso transformador que vai moito m\u00e1is ala?<\/p>\n<p>Sexa intencional ou non, o certo \u00e9 que o termo presenta unha ambig\u00fcidade real.<\/p>\n<p>O termo <em>transformer<\/em> ou <em>transformador<\/em>, pode entenderse, alo menos, de d\u00faas maneiras distintas: unha t\u00e9cnica e outra sem\u00e1ntica. A cuesti\u00f3n \u00e9 se esa segunda lectura est\u00e1 xustificada ou se estamos proxectando sobre o nome unhas intenci\u00f3ns que non ten.<\/p>\n<p>Segundo a documentaci\u00f3n que se pode consultar e dende un punto de vista estritamente t\u00e9cnico, o nome <strong>Transformer<\/strong> non parece que fora escollido porque o modelo pretenda &quot;transformar&quot; \u00e1s persoas, \u00e1 sociedade ou o co\u00f1ecemento. A s\u00faa orixe parece provir do artigo de 2017 <em><a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Attention_Is_All_You_Need\">Attention Is All You Need<\/a><\/em>, onde os autores (oito cient\u00edficos que traballaban para Google) presentaron unha nova arquitectura neuronal, que est\u00e1 na orixe do que agora co\u00f1ecemos como <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Inteligencia_artificial_generativa\">Intelixencia artificial xerativa<\/a>. Daquela, &quot;transformar&quot; fai referencia \u00e1 <strong>transformaci\u00f3n matem\u00e1tica dunha representaci\u00f3n noutra<\/strong> dentro da propia rede. A\u00ednda que daquela o fin de moitos modelos era a traduci\u00f3n eficiente, o artigo presentaba a posibilidade de melloralos e estender o seu uso a outras tarefas.<\/p>\n<p>Segundo ese artigo o substantivo foi escollido para explicar o proceso que se dese\u00f1aba para a operaci\u00f3n do modelo:<\/p>\n<ol>\n<li>O texto conv\u00e9rtese nunha secuencia de vectores num\u00e9ricos (<em>embeddings<\/em>).<\/li>\n<li>Cada capa da rede transforma esa representaci\u00f3n mediante operaci\u00f3ns lineais, mecanismos de atenci\u00f3n (<em>self-attention<\/em>) e funci\u00f3ns non lineais.<\/li>\n<li>Cada transformaci\u00f3n produce unha representaci\u00f3n m\u00e1is rica do contexto.<\/li>\n<li>Finalmente, esa representaci\u00f3n util\u00edzase para predicir o seguinte token: a seguinte ocorrencia estatisticamente probable.<\/li>\n<\/ol>\n<p>\u00c9 dicir, o termo <em>transformer<\/em> nace porque <strong>cada capa realiza unha transformaci\u00f3n da representaci\u00f3n interna dos datos<\/strong>. O texto non se transforma directamente; o que se transforma \u00e9 a s\u00faa representaci\u00f3n matem\u00e1tica.<\/p>\n<p>Segundo esa aproximaci\u00f3n, o nome poder\u00eda terse traducido como <strong>rede transformadora<\/strong> ou <strong>arquitectura de transformaci\u00f3n<\/strong>, pero acabou simplific\u00e1ndose a s\u00f3 <em>Transformer<\/em><sup id=\"fnref1:4\"><a href=\"#fn:4\" class=\"footnote-ref\">4<\/a><\/sup>.<\/p>\n<p>Pero estamos a falar da documentaci\u00f3n oficial dun produto inmerso nun modelo de negocio moi concreto: o mundo segundo Google. Cando a documentaci\u00f3n afirma que un Transformer &quot;transforma unha secuencia de entrada noutra secuencia de sa\u00edda&quot;, est\u00e1 utilizando unha explicaci\u00f3n orientada ao usuario. A explicaci\u00f3n \u00e9 correcta, pero simplifica bastante ou peor: deixa sen explicar a necesidade e o prop\u00f3sito final dunha ferramenta con ditas capacidades. E m\u00e1is alo do seu cometido utilitario inmediato, en que marco de relaci\u00f3ns hum\u00e1ns ten interese e relevancia dita ferramenta.<\/p>\n<p>O interesante \u00e9 que esa explicaci\u00f3n introduce, consciente ou inconscientemente, unha met\u00e1fora que pode ser calquera cousa menos inocua.  Dende o punto de vista t\u00e9cnico, tal como se describe, o modelo tan s\u00f3 calcula unha distribuci\u00f3n de probabilidade sobre o seguinte <em>token<\/em> en funci\u00f3n do contexto dado (a nosa pregunta ou <em>promt<\/em>). Mais a met\u00e1fora introduce a posibilidade de que o modelo reciba unha idea e a devolva transformada. E sen explicar nin como nin para que.<\/p>\n<p>Chegados aqu\u00ed, poder\u00edase dicir que o acr\u00f3nimo GPT agocha dous significados distintos, un m\u00e1is descritivo e outro potencialmente menos claro. Evidentemente non quero especular sobre o modelo de negocio de <em>o mundo segundo Google (et alt.)<\/em>. E a\u00ednda aceptando o sentido t\u00e9cnico e funcional do termo <em>Transformer<\/em> &#8211;  transformar representaci\u00f3ns vectoriais mediante operaci\u00f3ns matem\u00e1ticas, converter unha entrada nunha sa\u00edda diferente (traduci\u00f3n, resumo, resposta, etc.)- ning\u00fan deles desminte ou descarta, por si mesmo, unha intenci\u00f3n de transformar, tam\u00e9n, o pensamento humano. Ou sen ir tan alo, de <strong>actuar sobre o comportamento social en favor do modelo de negocio<\/strong>.<\/p>\n<p>Aqu\u00ed, para intentar ser minimamente obxectivo, conv\u00e9n separar o que pertence estritamente \u00e1 tecnolox\u00eda detr\u00e1s dos modelos de IA xerativa, do que pertence ao uso destas tecnolox\u00edas. Unha cousa \u00e9 que \u00e9 e como funciona, e outra moi distinta \u00e9 por que, como e para que se usa.<\/p>\n<p>Segundo a documentaci\u00f3n dos diferentes modelos dispo\u00f1ibles actualmente, a arquitectura <em>transformer<\/em>, como tal, non incorpora unha finalidade ideol\u00f3xica nin social. \u00c9 un mecanismo de procesamento de secuencias. Do mesmo xeito que un motor el\u00e9ctrico non leva incorporada para que se vai a empregar a ferramenta ou veh\u00edculo na que se instala.<\/p>\n<p>Pero o certo, ou iso parecen reflectir moitos dos debates sobre o uso da IA que levamos escoitando nos \u00faltimos anos, \u00e9 que os sistemas constru\u00eddos sobre esa arquitectura poidan utilizarse para transformar procesos sociais.<\/p>\n<p>Segundo os datos que manexan, e exhiben, as mesmas empresas tecnol\u00f3xicas que hai detr\u00e1s dos modelos de IA que usamos, dende a irrupci\u00f3n masiva destes se pode asegurar que: <\/p>\n<ul>\n<li>cambiou a forma na que buscamos informaci\u00f3n; e tam\u00e9n cambiou como e en funci\u00f3n de que lle damos valor ou verosimilitude \u00e1 informaci\u00f3n que consumimos.<\/li>\n<li>os m\u00e9todos de ensino foron, e seguen, modific\u00e1ndose &#8211; sen que se aval\u00ede se esas modificaci\u00f3ns son m\u00e1is ou menos eficientes ou convenientes-;<\/li>\n<li>as persoas <em>automatizan<\/em> cada vez m\u00e1is tarefas de car\u00e1cter intelectual &#8211; sen aparentemente reflexionar sobre os custes ou as consecuencias-;<\/li>\n<li>as empresas dispo\u00f1en de ferramentas cada vez m\u00e1is poderosas e capaces de modificar de modo evidente os h\u00e1bitos de consumo en cada un dos nichos de mercado que poidan interesarlles &#8211; e todo se acaba por volver mercador\u00eda-;<\/li>\n<li>alterouse a maneira na que se produce co\u00f1ecemento.<\/li>\n<li>a IA xa est\u00e1 a cambiar o concepto mesmo de propiedade intelectual e o sistema actual de patentes, dereitos de autor,\u2026 est\u00e1 obsoleto fronte \u00e1 IA.<\/li>\n<\/ul>\n<p>Esas transformaci\u00f3ns existen, est\u00e1n a\u00ed: nos debates sobre o comportamento dos xoves, os modelos de ensino e at\u00e9 o futuro mesmo dos r\u00e9ximes pol\u00edticos, e en especial da democracia tal e como a co\u00f1ecemos despois de mediados do s\u00e9culo XX. Claro que isto son s\u00f3 as consecuencias da aplicaci\u00f3n da tecnolox\u00eda, e ser\u00eda terrible que iso xa estivera impl\u00edcito no proceso de selecci\u00f3n do nome e do uso do termo <em>transformer<\/em> ou <em>transformador<\/em>. Semella que non foi as\u00ed, que a selecci\u00f3n do nome non atendeu a esa suposta intencionalidade transformadora. A\u00ednda as\u00ed, parece como unha met\u00e1fora que se cumpre a si mesma, demoledora e certa. As corporaci\u00f3ns non escolleron <em>&quot;Auto-atenci\u00f3n secuencial&quot;<\/em>; escolleron <em>&quot;Transformer&quot;<\/em> precisamente porque vende. Evoca poder, cambio, evoluci\u00f3n. A\u00ednda que non fose a intenci\u00f3n inicial, o marketing e o discurso p\u00fablico xa se encargaron de transformar o termo nunha promesa de mutaci\u00f3n social.<\/p>\n<p>O certo \u00e9 que inda evitando esa suspicacia sobre o nome elixido, minimizando os significados ocultos da met\u00e1fora, en principio, non intencionada: a transformaci\u00f3n est\u00e1 a suceder, independentemente da etimolox\u00eda. A IA xestouse nunha entorna pol\u00edtica e social determinada, e na divulgaci\u00f3n sobre IA \u00e9 frecuente atopar verbos como <em>transformar<\/em>, <em>comprender<\/em>, <em>aprender<\/em>, <em>razoar<\/em> ou <em>imaxinar<\/em>. En principio, son s\u00f3 met\u00e1foras \u00fatiles para explicar comportamentos complexos, pero tam\u00e9n poden inducir a pensar que existe unha intencionalidade, non sempre clara, que impulsa a algunhas grandes corporaci\u00f3ns a presentar os valores da IA coma a soluci\u00f3n a moitas das nosas ocupaci\u00f3ns ou preocupaci\u00f3ns, e a antropomorfizar estes sistemas mediante un vocabulario que suxire capacidades ou intenci\u00f3ns que non forman parte da definici\u00f3n t\u00e9cnica da arquitectura que lles da soporte. E que quizais por iso mesmo, por que se ven usos desta tecnolox\u00eda que non parecen claros ou que son dificilmente entedibles como ben intencionados (Meta, Tesla, Palantir,&#8230;), por que as grandes corporaci\u00f3ns implicadas non dan unha explicaci\u00f3n clara sobre os seus modelos de negocio, pero si contrib\u00faen \u00e1 modificaci\u00f3n de pol\u00edticas p\u00fablicas para favorecelos. <\/p>\n<p>Agora, ao mellor, convir\u00eda saber como realmente chegamos ate aqu\u00ed e que intenci\u00f3ns sobre o uso que lle imos dar a esta tecnolox\u00eda nos van favorecer e cales poden abrir cami\u00f1os a procesos sociais totalmente indesexables.<\/p>\n<p>A IA non s\u00f3 consume auga; consome enerx\u00eda el\u00e9ctrica baseada en combustibles f\u00f3siles ou micro-nucleares, consome terras raras cuxa explotaci\u00f3n implica danos mediambientais incalculables. A &quot;vantaxe de custos&quot; para o emprendedor \u00e9, en realidade, unha externalizaci\u00f3n de custos ambientais e sociais. \u00c9 unha econom\u00eda de gratuidade aparente que paga o planeta e as futuras xeraci\u00f3ns.<\/p>\n<p>As\u00ed que por moi poderosos que se volvan os modelos de IA, e as tecnol\u00f3xicas que os mante\u00f1en, espero que aprendamos a non outorgarlle unha capacidade cognitiva equivalente \u00e1 humana. Ou dito doutro xeito que aprendamos a non deixar que a simulaci\u00f3n do proceso cognitivo<sup id=\"fnref1:5\"><a href=\"#fn:5\" class=\"footnote-ref\">5<\/a><\/sup> substit\u00faa o modelo real humano e pensemos cal \u00e9 o futuro que queremos, para n\u00f3s preo sobre todo para as xeraci\u00f3ns vindeiras. Transformando o presente sen dilapidar o futuro.<\/p>\n<hr \/>\n<h5>NOTAS<\/h5>\n<div class=\"footnotes\">\n<hr \/>\n<ol>\n<li id=\"fn:1\">\n<p><a href=\"https:\/\/www.humanium.org\/es\/la-situacion-actual-del-trabajo-infantil-en-las-minas-de-cobalto-en-la-republica-democratica-del-congo\/\">Situaci\u00f3n actual do traballo infantil nas minas de cobalto na Rep\u00fablica Democr\u00e1tica do Congo<\/a>. Os denunciantes acusan a <strong>Apple, Google, Dell, Microsoft , Tesla,\u2026<\/strong> de co\u00f1ecer o orixe do cobalto que empregan nos seus dispositivos, procedente de empresas que utilizan traballo infantil forzado.&#160;<a href=\"#fnref1:1\" rev=\"footnote\" class=\"footnote-backref\">&#8617;<\/a><\/p>\n<\/li>\n<li id=\"fn:2\">\n<p>A\u00ednda que puidera ser mal interpretado como un adxectivo, no contexto orixinal <em>Transformer<\/em> \u00e9 un substantivo.&#160;<a href=\"#fnref1:2\" rev=\"footnote\" class=\"footnote-backref\">&#8617;<\/a><\/p>\n<\/li>\n<li id=\"fn:3\">\n<p><a href=\"https:\/\/aws.amazon.com\/es\/what-is\/transformers-in-artificial-intelligence\/\">AWS: Que son os transformadores na intelixencia artificial?<\/a>&#160;<a href=\"#fnref1:3\" rev=\"footnote\" class=\"footnote-backref\">&#8617;<\/a><\/p>\n<\/li>\n<li id=\"fn:4\">\n<p>Foi o investigador Jakob Uszkoreit, un dos oito autores do artigo fundacional <em>&quot;Attention Is All You Need&quot;<\/em>, quen propuxo o nome porque lle gustaba a sonoridade da palabra, e ao parecer tam\u00e9n a famosa franqu\u00eda de xoguetes e series &quot;Transformers&quot;.&#160;<a href=\"#fnref1:4\" rev=\"footnote\" class=\"footnote-backref\">&#8617;<\/a><\/p>\n<\/li>\n<li id=\"fn:5\">\n<p>A IA non pensa, <strong>calcula<\/strong>. Non comprende, <strong>pred\u00ed<\/strong>. A linguaxe de &quot;aprender&quot; e &quot;razoar&quot; non \u00e9 inocua; \u00e9 un <strong>cabalo de Troia sem\u00e1ntico<\/strong> que nos fai delegar xu\u00edzos \u00e9ticos nunha estat\u00edstica. &#160;<a href=\"#fnref1:5\" rev=\"footnote\" class=\"footnote-backref\">&#8617;<\/a><\/p>\n<\/li>\n<\/ol>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A resposta (moi opinable!) xerada polo propio ChatGPT poder\u00eda ser algo as\u00ed: Vantaxe competitiva ref\u00edrese \u00e1 vantaxe \u00fanica dunha empresa sobre os seus competidores que lle permite xerar maior valor para os seus clientes e\/ou custos m\u00e1is baixos que os seus competidores. Para un emprendedor que sexa un dos primeiros en adoptar ChatGPT, ter unha [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0,"_uf_show_specific_survey":0,"_uf_disable_surveys":false,"ocean_post_layout":"","ocean_both_sidebars_style":"","ocean_both_sidebars_content_width":0,"ocean_both_sidebars_sidebars_width":0,"ocean_sidebar":"0","ocean_second_sidebar":"0","ocean_disable_margins":"enable","ocean_add_body_class":"","ocean_shortcode_before_top_bar":"","ocean_shortcode_after_top_bar":"","ocean_shortcode_before_header":"","ocean_shortcode_after_header":"","ocean_has_shortcode":"","ocean_shortcode_after_title":"","ocean_shortcode_before_footer_widgets":"","ocean_shortcode_after_footer_widgets":"","ocean_shortcode_before_footer_bottom":"","ocean_shortcode_after_footer_bottom":"","ocean_display_top_bar":"default","ocean_display_header":"default","ocean_header_style":"","ocean_center_header_left_menu":"0","ocean_custom_header_template":"0","ocean_custom_logo":0,"ocean_custom_retina_logo":0,"ocean_custom_logo_max_width":0,"ocean_custom_logo_tablet_max_width":0,"ocean_custom_logo_mobile_max_width":0,"ocean_custom_logo_max_height":0,"ocean_custom_logo_tablet_max_height":0,"ocean_custom_logo_mobile_max_height":0,"ocean_header_custom_menu":"0","ocean_menu_typo_font_family":"0","ocean_menu_typo_font_subset":"","ocean_menu_typo_font_size":0,"ocean_menu_typo_font_size_tablet":0,"ocean_menu_typo_font_size_mobile":0,"ocean_menu_typo_font_size_unit":"px","ocean_menu_typo_font_weight":"","ocean_menu_typo_font_weight_tablet":"","ocean_menu_typo_font_weight_mobile":"","ocean_menu_typo_transform":"","ocean_menu_typo_transform_tablet":"","ocean_menu_typo_transform_mobile":"","ocean_menu_typo_line_height":0,"ocean_menu_typo_line_height_tablet":0,"ocean_menu_typo_line_height_mobile":0,"ocean_menu_typo_line_height_unit":"","ocean_menu_typo_spacing":0,"ocean_menu_typo_spacing_tablet":0,"ocean_menu_typo_spacing_mobile":0,"ocean_menu_typo_spacing_unit":"","ocean_menu_link_color":"","ocean_menu_link_color_hover":"","ocean_menu_link_color_active":"","ocean_menu_link_background":"","ocean_menu_link_hover_background":"","ocean_menu_link_active_background":"","ocean_menu_social_links_bg":"","ocean_menu_social_hover_links_bg":"","ocean_menu_social_links_color":"","ocean_menu_social_hover_links_color":"","ocean_disable_title":"default","ocean_disable_heading":"default","ocean_post_title":"","ocean_post_subheading":"","ocean_post_title_style":"","ocean_post_title_background_color":"","ocean_post_title_background":0,"ocean_post_title_bg_image_position":"","ocean_post_title_bg_image_attachment":"","ocean_post_title_bg_image_repeat":"","ocean_post_title_bg_image_size":"","ocean_post_title_height":0,"ocean_post_title_bg_overlay":0.5,"ocean_post_title_bg_overlay_color":"","ocean_disable_breadcrumbs":"default","ocean_breadcrumbs_color":"","ocean_breadcrumbs_separator_color":"","ocean_breadcrumbs_links_color":"","ocean_breadcrumbs_links_hover_color":"","ocean_display_footer_widgets":"default","ocean_display_footer_bottom":"default","ocean_custom_footer_template":"0","omw_enable_modal_window":"enable","ocean_post_oembed":"","ocean_post_self_hosted_media":"","ocean_post_video_embed":"","ocean_link_format":"","ocean_link_format_target":"self","ocean_quote_format":"","ocean_quote_format_link":"post","ocean_gallery_link_images":"on","ocean_gallery_id":[],"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-1635","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-blog","entry"],"aioseo_notices":[],"aioseo_head":"\n\t\t<!-- All in One SEO 4.9.10 - aioseo.com -->\n\t<meta name=\"description\" content=\"A resposta (moi opinable!) xerada polo propio ChatGPT poder\u00eda ser algo as\u00ed: Vantaxe competitiva ref\u00edrese \u00e1 vantaxe \u00fanica dunha empresa sobre os seus competidores que lle permite xerar maior valor para os seus clientes e\/ou custos m\u00e1is baixos que os seus competidores. Para un emprendedor que sexa un dos primeiros en adoptar ChatGPT, ter unha\" \/>\n\t<meta name=\"robots\" content=\"max-image-preview:large\" \/>\n\t<meta name=\"author\" content=\"bitsolto.com\"\/>\n\t<meta name=\"google-site-verification\" content=\"QNHwZs1EezoIkcENIFJNko_fSEHJYPLa8PseMiMDEHw\" \/>\n\t<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/blog\/por-que-a-ia-pode-non-ser-unha-vantaxe-competitiva-para-quen-a-adopta\/\" \/>\n\t<meta name=\"generator\" content=\"All in One SEO (AIOSEO) 4.9.10\" \/>\n\t\t<meta property=\"og:locale\" content=\"gl_ES\" \/>\n\t\t<meta property=\"og:site_name\" content=\"bitsolto.com - graphic designer + web developer\" \/>\n\t\t<meta property=\"og:type\" content=\"article\" \/>\n\t\t<meta property=\"og:title\" content=\"Por que a IA pode non ser unha vantaxe competitiva para quen a adopta? - bitsolto.com\" \/>\n\t\t<meta property=\"og:description\" content=\"A resposta (moi opinable!) xerada polo propio ChatGPT poder\u00eda ser algo as\u00ed: Vantaxe competitiva ref\u00edrese \u00e1 vantaxe \u00fanica dunha empresa sobre os seus competidores que lle permite xerar maior valor para os seus clientes e\/ou custos m\u00e1is baixos que os seus competidores. Para un emprendedor que sexa un dos primeiros en adoptar ChatGPT, ter unha\" \/>\n\t\t<meta property=\"og:url\" content=\"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/blog\/por-que-a-ia-pode-non-ser-unha-vantaxe-competitiva-para-quen-a-adopta\/\" \/>\n\t\t<meta property=\"og:image\" content=\"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/wp-content\/uploads\/2023\/06\/logo-icon.png\" \/>\n\t\t<meta property=\"og:image:secure_url\" content=\"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/wp-content\/uploads\/2023\/06\/logo-icon.png\" \/>\n\t\t<meta property=\"article:published_time\" content=\"2026-07-16T19:03:20+00:00\" \/>\n\t\t<meta property=\"article:modified_time\" content=\"2026-07-17T12:15:54+00:00\" \/>\n\t\t<meta name=\"twitter:card\" content=\"summary_large_image\" \/>\n\t\t<meta name=\"twitter:site\" content=\"@nunhes\" \/>\n\t\t<meta name=\"twitter:title\" content=\"Por que a IA pode non ser unha vantaxe competitiva para quen a adopta? - bitsolto.com\" \/>\n\t\t<meta name=\"twitter:description\" content=\"A resposta (moi opinable!) xerada polo propio ChatGPT poder\u00eda ser algo as\u00ed: Vantaxe competitiva ref\u00edrese \u00e1 vantaxe \u00fanica dunha empresa sobre os seus competidores que lle permite xerar maior valor para os seus clientes e\/ou custos m\u00e1is baixos que os seus competidores. Para un emprendedor que sexa un dos primeiros en adoptar ChatGPT, ter unha\" \/>\n\t\t<meta name=\"twitter:creator\" content=\"@nunhes\" \/>\n\t\t<meta name=\"twitter:image\" content=\"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/wp-content\/uploads\/2023\/06\/logo-icon.png\" \/>\n\t\t<script type=\"application\/ld+json\" class=\"aioseo-schema\">\n\t\t\t{\"@context\":\"https:\\\/\\\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"BlogPosting\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/bitsolto.com\\\/bitacora\\\/blog\\\/por-que-a-ia-pode-non-ser-unha-vantaxe-competitiva-para-quen-a-adopta\\\/#blogposting\",\"name\":\"Por que a IA pode non ser unha vantaxe competitiva para quen a adopta? - bitsolto.com\",\"headline\":\"Por que a IA pode non ser unha vantaxe competitiva para quen a adopta?\",\"author\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/bitsolto.com\\\/bitacora\\\/author\\\/bitsolto-com\\\/#author\"},\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/bitsolto.com\\\/bitacora\\\/#person\"},\"image\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"url\":\"https:\\\/\\\/bitsolto.com\\\/bitacora\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2026\\\/07\\\/1765afae72351027b87b3aec708cb9594ac05ba8-e1600375167363-1.jpg\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/bitsolto.com\\\/bitacora\\\/blog\\\/por-que-a-ia-pode-non-ser-unha-vantaxe-competitiva-para-quen-a-adopta\\\/#articleImage\"},\"datePublished\":\"2026-07-16T20:03:20+01:00\",\"dateModified\":\"2026-07-17T13:15:54+01:00\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"mainEntityOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/bitsolto.com\\\/bitacora\\\/blog\\\/por-que-a-ia-pode-non-ser-unha-vantaxe-competitiva-para-quen-a-adopta\\\/#webpage\"},\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/bitsolto.com\\\/bitacora\\\/blog\\\/por-que-a-ia-pode-non-ser-unha-vantaxe-competitiva-para-quen-a-adopta\\\/#webpage\"},\"articleSection\":\"Blog\"},{\"@type\":\"BreadcrumbList\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/bitsolto.com\\\/bitacora\\\/blog\\\/por-que-a-ia-pode-non-ser-unha-vantaxe-competitiva-para-quen-a-adopta\\\/#breadcrumblist\",\"itemListElement\":[{\"@type\":\"ListItem\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/bitsolto.com\\\/bitacora#listItem\",\"position\":1,\"name\":\"Home\",\"item\":\"https:\\\/\\\/bitsolto.com\\\/bitacora\",\"nextItem\":{\"@type\":\"ListItem\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/bitsolto.com\\\/bitacora\\\/category\\\/blog\\\/#listItem\",\"name\":\"Blog\"}},{\"@type\":\"ListItem\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/bitsolto.com\\\/bitacora\\\/category\\\/blog\\\/#listItem\",\"position\":2,\"name\":\"Blog\",\"item\":\"https:\\\/\\\/bitsolto.com\\\/bitacora\\\/category\\\/blog\\\/\",\"nextItem\":{\"@type\":\"ListItem\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/bitsolto.com\\\/bitacora\\\/blog\\\/por-que-a-ia-pode-non-ser-unha-vantaxe-competitiva-para-quen-a-adopta\\\/#listItem\",\"name\":\"Por que a IA pode non ser unha vantaxe competitiva para quen a adopta?\"},\"previousItem\":{\"@type\":\"ListItem\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/bitsolto.com\\\/bitacora#listItem\",\"name\":\"Home\"}},{\"@type\":\"ListItem\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/bitsolto.com\\\/bitacora\\\/blog\\\/por-que-a-ia-pode-non-ser-unha-vantaxe-competitiva-para-quen-a-adopta\\\/#listItem\",\"position\":3,\"name\":\"Por que a IA pode non ser unha vantaxe competitiva para quen a adopta?\",\"previousItem\":{\"@type\":\"ListItem\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/bitsolto.com\\\/bitacora\\\/category\\\/blog\\\/#listItem\",\"name\":\"Blog\"}}]},{\"@type\":\"Person\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/bitsolto.com\\\/bitacora\\\/#person\",\"name\":\"bitsolto.com\",\"image\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/bitsolto.com\\\/bitacora\\\/blog\\\/por-que-a-ia-pode-non-ser-unha-vantaxe-competitiva-para-quen-a-adopta\\\/#personImage\",\"url\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/4725083ae7cd7edfb6adccd7c38e708ef9ca65e8133ff2045357ed09e6e822c4?s=96&d=mm&r=g\",\"width\":96,\"height\":96,\"caption\":\"bitsolto.com\"}},{\"@type\":\"Person\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/bitsolto.com\\\/bitacora\\\/author\\\/bitsolto-com\\\/#author\",\"url\":\"https:\\\/\\\/bitsolto.com\\\/bitacora\\\/author\\\/bitsolto-com\\\/\",\"name\":\"bitsolto.com\",\"image\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/bitsolto.com\\\/bitacora\\\/blog\\\/por-que-a-ia-pode-non-ser-unha-vantaxe-competitiva-para-quen-a-adopta\\\/#authorImage\",\"url\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/4725083ae7cd7edfb6adccd7c38e708ef9ca65e8133ff2045357ed09e6e822c4?s=96&d=mm&r=g\",\"width\":96,\"height\":96,\"caption\":\"bitsolto.com\"}},{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/bitsolto.com\\\/bitacora\\\/blog\\\/por-que-a-ia-pode-non-ser-unha-vantaxe-competitiva-para-quen-a-adopta\\\/#webpage\",\"url\":\"https:\\\/\\\/bitsolto.com\\\/bitacora\\\/blog\\\/por-que-a-ia-pode-non-ser-unha-vantaxe-competitiva-para-quen-a-adopta\\\/\",\"name\":\"Por que a IA pode non ser unha vantaxe competitiva para quen a adopta? - bitsolto.com\",\"description\":\"A resposta (moi opinable!) xerada polo propio ChatGPT poder\\u00eda ser algo as\\u00ed: Vantaxe competitiva ref\\u00edrese \\u00e1 vantaxe \\u00fanica dunha empresa sobre os seus competidores que lle permite xerar maior valor para os seus clientes e\\\/ou custos m\\u00e1is baixos que os seus competidores. Para un emprendedor que sexa un dos primeiros en adoptar ChatGPT, ter unha\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/bitsolto.com\\\/bitacora\\\/#website\"},\"breadcrumb\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/bitsolto.com\\\/bitacora\\\/blog\\\/por-que-a-ia-pode-non-ser-unha-vantaxe-competitiva-para-quen-a-adopta\\\/#breadcrumblist\"},\"author\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/bitsolto.com\\\/bitacora\\\/author\\\/bitsolto-com\\\/#author\"},\"creator\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/bitsolto.com\\\/bitacora\\\/author\\\/bitsolto-com\\\/#author\"},\"datePublished\":\"2026-07-16T20:03:20+01:00\",\"dateModified\":\"2026-07-17T13:15:54+01:00\"},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/bitsolto.com\\\/bitacora\\\/#website\",\"url\":\"https:\\\/\\\/bitsolto.com\\\/bitacora\\\/\",\"name\":\"bitsolto.com\",\"description\":\"graphic designer + web developer\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/bitsolto.com\\\/bitacora\\\/#person\"}}]}\n\t\t<\/script>\n\t\t<!-- All in One SEO -->\n\n","aioseo_head_json":{"title":"Por que a IA pode non ser unha vantaxe competitiva para quen a adopta? - bitsolto.com","description":"A resposta (moi opinable!) xerada polo propio ChatGPT poder\u00eda ser algo as\u00ed: Vantaxe competitiva ref\u00edrese \u00e1 vantaxe \u00fanica dunha empresa sobre os seus competidores que lle permite xerar maior valor para os seus clientes e\/ou custos m\u00e1is baixos que os seus competidores. Para un emprendedor que sexa un dos primeiros en adoptar ChatGPT, ter unha","canonical_url":"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/blog\/por-que-a-ia-pode-non-ser-unha-vantaxe-competitiva-para-quen-a-adopta\/","robots":"max-image-preview:large","keywords":"","webmasterTools":{"google-site-verification":"QNHwZs1EezoIkcENIFJNko_fSEHJYPLa8PseMiMDEHw","miscellaneous":""},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"BlogPosting","@id":"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/blog\/por-que-a-ia-pode-non-ser-unha-vantaxe-competitiva-para-quen-a-adopta\/#blogposting","name":"Por que a IA pode non ser unha vantaxe competitiva para quen a adopta? - bitsolto.com","headline":"Por que a IA pode non ser unha vantaxe competitiva para quen a adopta?","author":{"@id":"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/author\/bitsolto-com\/#author"},"publisher":{"@id":"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/#person"},"image":{"@type":"ImageObject","url":"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/1765afae72351027b87b3aec708cb9594ac05ba8-e1600375167363-1.jpg","@id":"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/blog\/por-que-a-ia-pode-non-ser-unha-vantaxe-competitiva-para-quen-a-adopta\/#articleImage"},"datePublished":"2026-07-16T20:03:20+01:00","dateModified":"2026-07-17T13:15:54+01:00","inLanguage":"gl-ES","mainEntityOfPage":{"@id":"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/blog\/por-que-a-ia-pode-non-ser-unha-vantaxe-competitiva-para-quen-a-adopta\/#webpage"},"isPartOf":{"@id":"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/blog\/por-que-a-ia-pode-non-ser-unha-vantaxe-competitiva-para-quen-a-adopta\/#webpage"},"articleSection":"Blog"},{"@type":"BreadcrumbList","@id":"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/blog\/por-que-a-ia-pode-non-ser-unha-vantaxe-competitiva-para-quen-a-adopta\/#breadcrumblist","itemListElement":[{"@type":"ListItem","@id":"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora#listItem","position":1,"name":"Home","item":"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora","nextItem":{"@type":"ListItem","@id":"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/category\/blog\/#listItem","name":"Blog"}},{"@type":"ListItem","@id":"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/category\/blog\/#listItem","position":2,"name":"Blog","item":"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/category\/blog\/","nextItem":{"@type":"ListItem","@id":"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/blog\/por-que-a-ia-pode-non-ser-unha-vantaxe-competitiva-para-quen-a-adopta\/#listItem","name":"Por que a IA pode non ser unha vantaxe competitiva para quen a adopta?"},"previousItem":{"@type":"ListItem","@id":"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora#listItem","name":"Home"}},{"@type":"ListItem","@id":"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/blog\/por-que-a-ia-pode-non-ser-unha-vantaxe-competitiva-para-quen-a-adopta\/#listItem","position":3,"name":"Por que a IA pode non ser unha vantaxe competitiva para quen a adopta?","previousItem":{"@type":"ListItem","@id":"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/category\/blog\/#listItem","name":"Blog"}}]},{"@type":"Person","@id":"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/#person","name":"bitsolto.com","image":{"@type":"ImageObject","@id":"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/blog\/por-que-a-ia-pode-non-ser-unha-vantaxe-competitiva-para-quen-a-adopta\/#personImage","url":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/4725083ae7cd7edfb6adccd7c38e708ef9ca65e8133ff2045357ed09e6e822c4?s=96&d=mm&r=g","width":96,"height":96,"caption":"bitsolto.com"}},{"@type":"Person","@id":"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/author\/bitsolto-com\/#author","url":"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/author\/bitsolto-com\/","name":"bitsolto.com","image":{"@type":"ImageObject","@id":"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/blog\/por-que-a-ia-pode-non-ser-unha-vantaxe-competitiva-para-quen-a-adopta\/#authorImage","url":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/4725083ae7cd7edfb6adccd7c38e708ef9ca65e8133ff2045357ed09e6e822c4?s=96&d=mm&r=g","width":96,"height":96,"caption":"bitsolto.com"}},{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/blog\/por-que-a-ia-pode-non-ser-unha-vantaxe-competitiva-para-quen-a-adopta\/#webpage","url":"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/blog\/por-que-a-ia-pode-non-ser-unha-vantaxe-competitiva-para-quen-a-adopta\/","name":"Por que a IA pode non ser unha vantaxe competitiva para quen a adopta? - bitsolto.com","description":"A resposta (moi opinable!) xerada polo propio ChatGPT poder\u00eda ser algo as\u00ed: Vantaxe competitiva ref\u00edrese \u00e1 vantaxe \u00fanica dunha empresa sobre os seus competidores que lle permite xerar maior valor para os seus clientes e\/ou custos m\u00e1is baixos que os seus competidores. Para un emprendedor que sexa un dos primeiros en adoptar ChatGPT, ter unha","inLanguage":"gl-ES","isPartOf":{"@id":"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/#website"},"breadcrumb":{"@id":"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/blog\/por-que-a-ia-pode-non-ser-unha-vantaxe-competitiva-para-quen-a-adopta\/#breadcrumblist"},"author":{"@id":"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/author\/bitsolto-com\/#author"},"creator":{"@id":"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/author\/bitsolto-com\/#author"},"datePublished":"2026-07-16T20:03:20+01:00","dateModified":"2026-07-17T13:15:54+01:00"},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/#website","url":"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/","name":"bitsolto.com","description":"graphic designer + web developer","inLanguage":"gl-ES","publisher":{"@id":"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/#person"}}]},"og:locale":"gl_ES","og:site_name":"bitsolto.com - graphic designer + web developer","og:type":"article","og:title":"Por que a IA pode non ser unha vantaxe competitiva para quen a adopta? - bitsolto.com","og:description":"A resposta (moi opinable!) xerada polo propio ChatGPT poder\u00eda ser algo as\u00ed: Vantaxe competitiva ref\u00edrese \u00e1 vantaxe \u00fanica dunha empresa sobre os seus competidores que lle permite xerar maior valor para os seus clientes e\/ou custos m\u00e1is baixos que os seus competidores. Para un emprendedor que sexa un dos primeiros en adoptar ChatGPT, ter unha","og:url":"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/blog\/por-que-a-ia-pode-non-ser-unha-vantaxe-competitiva-para-quen-a-adopta\/","og:image":"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/wp-content\/uploads\/2023\/06\/logo-icon.png","og:image:secure_url":"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/wp-content\/uploads\/2023\/06\/logo-icon.png","article:published_time":"2026-07-16T19:03:20+00:00","article:modified_time":"2026-07-17T12:15:54+00:00","twitter:card":"summary_large_image","twitter:site":"@nunhes","twitter:title":"Por que a IA pode non ser unha vantaxe competitiva para quen a adopta? - bitsolto.com","twitter:description":"A resposta (moi opinable!) xerada polo propio ChatGPT poder\u00eda ser algo as\u00ed: Vantaxe competitiva ref\u00edrese \u00e1 vantaxe \u00fanica dunha empresa sobre os seus competidores que lle permite xerar maior valor para os seus clientes e\/ou custos m\u00e1is baixos que os seus competidores. Para un emprendedor que sexa un dos primeiros en adoptar ChatGPT, ter unha","twitter:creator":"@nunhes","twitter:image":"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/wp-content\/uploads\/2023\/06\/logo-icon.png"},"aioseo_meta_data":{"post_id":"1635","title":null,"description":null,"keywords":null,"keyphrases":{"focus":{"keyphrase":"","score":0,"analysis":{"keyphraseInTitle":{"score":0,"maxScore":9,"error":1}}},"additional":[]},"primary_term":null,"canonical_url":null,"og_title":null,"og_description":null,"og_object_type":"default","og_image_type":"default","og_image_url":null,"og_image_width":null,"og_image_height":null,"og_image_custom_url":null,"og_image_custom_fields":null,"og_video":"","og_custom_url":null,"og_article_section":null,"og_article_tags":null,"twitter_use_og":false,"twitter_card":"default","twitter_image_type":"default","twitter_image_url":null,"twitter_image_custom_url":null,"twitter_image_custom_fields":null,"twitter_title":null,"twitter_description":null,"schema":{"blockGraphs":[],"customGraphs":[],"default":{"data":{"Article":[],"Course":[],"Dataset":[],"FAQPage":[],"Movie":[],"Person":[],"Product":[],"ProductReview":[],"Car":[],"Recipe":[],"Service":[],"SoftwareApplication":[],"WebPage":[]},"graphName":"BlogPosting","isEnabled":true},"graphs":[]},"schema_type":"default","schema_type_options":null,"pillar_content":false,"robots_default":true,"robots_noindex":false,"robots_noarchive":false,"robots_nosnippet":false,"robots_nofollow":false,"robots_noimageindex":false,"robots_noodp":false,"robots_notranslate":false,"robots_max_snippet":"-1","robots_max_videopreview":"-1","robots_max_imagepreview":"large","priority":null,"frequency":"default","local_seo":null,"breadcrumb_settings":null,"limit_modified_date":false,"ai":{"faqs":[],"keyPoints":[],"schemas":[],"titles":[],"descriptions":[],"socialPosts":{"email":{"subject":"","preview":"","content":""},"linkedin":[],"twitter":[],"facebook":[],"instagram":[]}},"created":"2026-07-16 19:03:20","updated":"2026-07-17 17:17:16","seo_analyzer_scan_date":null},"aioseo_breadcrumb":"<div class=\"aioseo-breadcrumbs\"><span class=\"aioseo-breadcrumb\">\n\t\t\t<a href=\"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\" title=\"Home\">Home<\/a>\n\t\t<\/span><span class=\"aioseo-breadcrumb-separator\">|<\/span><span class=\"aioseo-breadcrumb\">\n\t\t\t<a href=\"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/category\/blog\/\" title=\"Blog\">Blog<\/a>\n\t\t<\/span><span class=\"aioseo-breadcrumb-separator\">|<\/span><span class=\"aioseo-breadcrumb\">\n\t\t\tPor que a IA pode non ser unha vantaxe competitiva para quen a adopta?\n\t\t<\/span><\/div>","aioseo_breadcrumb_json":[{"label":"Home","link":"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora"},{"label":"Blog","link":"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/category\/blog\/"},{"label":"Por que a IA pode non ser unha vantaxe competitiva para quen a adopta?","link":"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/blog\/por-que-a-ia-pode-non-ser-unha-vantaxe-competitiva-para-quen-a-adopta\/"}],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1635","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1635"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1635\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1639,"href":"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1635\/revisions\/1639"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1635"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1635"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/bitsolto.com\/bitacora\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1635"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}